Hi!
Son Ana, a mestra de inglés de 5ºD. Tendo en conta as circunstancias nas que nos atopamos, tentaremos facer da maneira máis sinxela o traballo aos alumn@s.
Como traballaremos?
Irei subindo a este blog semanalmente tarefas curriculares, de repaso que non serán avaliables. Irán distribuidas por sesións (Tiñamos tres sesións semanais; luns, martes e xoves). Estas tarefas teñen como obxectivo o repaso e consolidación dos contidos xa dados.
Podedes descargar os .pdf e completalos ou ben copialos e facelos nun folio ou libreta.
Ao final de cada semana subirei as respostas para que poidades corrixir.
Déixovos un correo electrónico por se tedes dúbidas : anacepaltamira@gmail.com
Incluiréi tamén xogos e cancións por se lles sobrase tempo (ireinos subindo ao blog ao longo destes días)
A big hug!
Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario